jueves, 6 de junio de 2013

As plantas na clase.

Nunha entrada anterior falamos de como fixemos a plantación dunhas sementes de clavel chino para comprobar o seu crecemento.


Pois ben, agás en dous casos, tódalas sementes xerminaron e deron unha pequena planta con raíz, talo e follas que levamos para casa porque hai que transplantalas a testos máis grandes para que continúe a súa floración.


E é que estamos aprendendo moitas cousas das plantas. Do importante que son para a vida pois, ademais de embelecer os nosos montes, campos e xardíns, dannos alimento, perfume, tecidos e oxíxeno. Vamos, dannos vida.

Sabemos que polo seu tamaño as plantas podemos agrupalas en:

 


 
 
 


Gústanos debuxalas, pintalas e decorar a clase coas súas cores e formas.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



E fixemos un pequeno mural que recollía boa parte dos conceptos aprendidos. Colgámolo polo corredor para velo tódolos días e non esquecer o aprendido.


 
 
 

E para rematar un pequeño vídeo que relata o gusto por prantar e recoller os froitos ... e comelos

No hay comentarios:

Publicar un comentario