sábado, 17 de mayo de 2014

CULTIVAMOS A HORTA

A semana pasada exercemos as nosas habilidades de horticultores na horta do colexio.


Como participantes no proxecto de Voz Natura, realizamos tarefas de conservación e respecto á Natureza que, no caso do Colexio de Carril, o expresamos co cultivo da nosa horta, entre outras actividades.
Así que van unhas fotos da plantación de leituga que fixemos os alumnos e alumnas de 2º curso.
Os buratos xa os tiñamos preparados, así que o que fixemos foi chanta-las plantas, cubrilas de terra e regalas.
Pero esta actividade non remata aquí, pois agora debemos coidalas regándolas de cando en vez con mimo para que medren e podamos facer unha nutritiva ensalada.

Aí van as fotos.

 
 



















Cos nosos coidados e a dedicación de Fani, Pitín e da profe María, témo-la horta preciosa!