jueves, 31 de enero de 2013

CHEGOU O NADAL!

No mes de decembro, ademais das tarefas escolares adicámonos a adornar a clase con temas do Nadal.
Enchemos a clase de folerpas!




 

 






Menuda folerpada!
 
 
 Fixemos  estrelas!
 
 
 
 E piñeiros tamén
 
Na véspera das vacacións os de 1º ciclo organizamos catro obradoiros para celebrar o fin do primeiro  trimestre. Na aula de 1ºA organizamos o de bombóns que nos souberon a gloria. Mirade que ben aviados íamos:
 



 
 
 
 
 
 
 









 Ñam, ñam!

lunes, 28 de enero de 2013

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

O día 12 do 12 de 2012 ás 12 do mediodía celebramos os 100 anos do nacemento do poeta galego Celso Emilio Ferreiro. Alumnos e alumnas dos distintos niveis recitaron un dos seus poemas, en concreto o titulado "Deitado frente ao mar" no que defende o dereito a falar galego. Porque si, porque lle peta, ...

 
Álvaro,  Iria e Érika preparándose para o recitado. 
 
 
Érika recitando e ao final, con todos saudando.
 
 
 
DEITADO FRONTE AO MAR
  
                                       Lingoa proletaria do meu pobo,                                       
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
 
Celso Emilio Ferreiro
 
 

jueves, 24 de enero de 2013

O SAMAÍN

Tamén no outono celebramos a festa do Samaín que celebra o fin do tempo de  recollida dos productos da terra  para prepararse para o inverno.
Todos trouxemos cabazas, botefas, calacús con ollos, nariz e boca e baleiradas para lle pór unha vela que metera medo. E vaia se metían medo! Ollade nas fotos o que tal fixemos:

 
O día 31 de outubro fixemos un mini festival no que participou Mercedes,  a  contacontos do noso cole e os alumnos e alumnas de 4º nivel que fixeron un baile terrorífico.
 
 

 

 

COGOMELOS

No mes de outubro fixemos actividades ó redor do mundo dos cogomelos.
Aprendimos dalgúns libros as partes e elementos dun cogomelo e tamén que algúns son comestibles e outros non ( mesmo poden ser velenosos!)
Un día, a nosa compañeira Helenca tróuxonos un cesto cheo de deles:


 
Tamén participamos no concurso de debuxo  da Asociación "Cantarela" de Vilagarcía. Manuela levou o premio ao mellor debuxo na categoría de 1º ciclo. Parabéns, rapaza!
 
 

 
 
 
 

 
 




  
Por último, montamos unha pequena exposición no corredor de 1º, con pequenos cogomelos e froitos de outono feitos por nós en plastilina.
 
 
  
   Mimadriña, cantas amanitas muscaria!

PRESENTACIÓN

Ola a tod@s!
 Rosalía Primeiro vai ser o "caderno de bitácora" da embarcación escolar dos alumnos e as alumnas de 1º nivel de primaria do CEIP Rosalía de Castro de Carril.
Neste caderno trataremos de contarvos algunhas das nosas aventuras, actividades e aprendizaxes, polo emocionante mundo da navegación escolar.
Deste xeito as familias, profes e alumnos e alumnas  poderemos observar e manter contacto con todo o que ocorre na nave.


                             

Que os ventos sexan portantes! Seguide o noso ronsel!