lunes, 7 de abril de 2014

Animalario.

Xa rematamos de estudar as distintas categorías de animais e para celebralo realizamos un traballo conxunto con cada unha das especies.
En grupos de traballo redactamos as súas principais características e debuxamos os máis representativos de cada unha.

Aí vos mostramos una morea de fotos onde pódese apreciar a importancia do traballo colectivo e o moito que se aprende con este tipo de tarefas.


Espazo de traballo:



























































 Intercambio de opinións
 
 
 



O grupo dos mamíferos, sen dúbida.




Grupo dos peixiños.








O equipo dos réptiles posaron así de "reptadores"



Equipazo dos plumíferos




O equipo dos anfibios




Equipo de entomólogos:


Rematado o traballo en papel pasamos a sala de ordenadores onde puxemos en práctica interactiva o que aprendimos. Ollade que concentración:







 
 
 





























Por último, posamos diante da clasificación xeral de vertebrados e invertebrados onde situamos cada un dos nosos traballos.















Na seguinte entrada colocaremos algúns enlaces para traballar en liña distintas actividades sobre o tema dos animais.

miércoles, 2 de abril de 2014

A Salamántiga

Este ano é o Ano Internacional da Salamandra e como estamos aprendendo os distintos grupos de animais e as súas características, o traballo colectivo deste tema versou sobre este pequeno anfibio.



Unha ONG de científicos decidiu celebrar esta conmemoración para chamar a atención do perigo de extinción que corren estes animais.
Existen máis de 650 especies de salamandras case todas en perigo de desaparecer.



                                                           Salamántica galega
 


En Galicia temos unha moi pequeniña que ten como nome científico Chioglossa lusitánica ou Salamántiga Galega, única no mundo na rexión que conforman Galicia, norte de Portugal e oeste de Asturias.

Traballamos e aprendimos as súas características e así volo mostramos nesta serie de fotos para que vexades os nosos deseños.













 E aquí unha páxina interactiva para seguir aprendendo dos anfibios:

       
   http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/cmedio/animales02/anfibios02/anfibios02.html