sábado, 27 de abril de 2013

AS PLANTAS NA CLASE DE PRIMEIRO

Estamos estudando as plantas e sabemos que as sementes son a parte encargada da reproducción  dos vexetais. Así que propuxémonos experimentalo por nós mesmos e plantamos unha semente de lentella entre algodóns húmidos e ... ollade como agroman o talo, a raíz e as follas.


 
 
Á vista do éxito obtido decidimos facelo de novo pero, esta vez,  con sementes de Clavel Chino en pequenos recipentes de terra.
 


Unha vez que abrochen transplantarémolas a unha maceta de maior tamaño para que dean a flor. Esperamos ter sorte.