jueves, 14 de febrero de 2013

ENTROIDO NA ESCOLA.

O pasado venres celebramos o entroido no cole. Os alumnos e alumnas do 1º ciclo decidimos disfrazarnos de mimos.



Un mimo é un actor de teatro corporal e de expresión de sentimentos, sempre ó traves do corpo e sen falar. É unha arte dramática moi remota pois xa se facía na época da antiga Roma e Grecia. Non foi difícil conseguir o disfrace de mimo o máis difícil foi ... non falar!



 
 


Queremos da-las grazas aos pais e nais que colaboraron con nós para ir tan ben axeitados e tan ben mantidos pois os doces de entroido estaban boísimos e notábanse feitos con moita maña e  ilusión.


 
 

 
 
 
 
 

 
 




 
 
 
 
 

 
 
 




 
 
 

 
 
 
 
 
 
Despois da merenda saímos ao patio e fixemos o desfile cunha pequena pantomima.
 
Aí van algunhas fotos ...
 
 
 
 
 
 












Cantos mimiños!

lunes, 4 de febrero de 2013

30 de XANEIRO. DÍA da PAZ.

No aniversario da morte de Mahatma Ghandi, celebramos tódolos anos no colexio o día da Paz.
Xa levabamos uns días falando sobre o tema e facendo debuxos e manualidades alusivas a esta celebración.







O día 30 chovía tal e como estaba previsto, polo que  reunímonos todo o colexio no espazo conxunto de Psicomotricidade e comedor para cantar unha canción que falara de Paz. Antes, dous alumnos de cada nivel leron o lema elexido por cada clase, o que se convertiu no manifesto do CEIP Rosalía de Castro pola Paz.



O lema elexido por 1ºA dicía: " A Paz é a luz do noso camiño, por iso camiñamos en Paz"

En 1ºB elixiron o lema ... "A Paz é ser todos amigos" 







E máis tarde ceibamos pombas como símbolo de Paz e Liberdade.









Fermosa xornada  para non esquecer que tódolos días son, ou deberan ser, días de Paz.