jueves, 26 de diciembre de 2013

O ciclo da auga.

 
Nas últimas semanas estivemos a estudar a importancia da auga na formación dos seres vivos.
Comprendimos, xa que logo, a necesidade de coidala en calquera estado no que atopemos: sólida, líquida ou gaseosa.

Unha das cousas que máis nos gostou foi aprender o ciclo da auga e ver como a auga é sempre a mesma e que as actividades que fagamos con ela teñen consecuencias noutros lugares máis afastados.



 
Ó través das imaxes podedes visualizar de xeito ameno o ciclo da auga. Tamén lembra a importancia de coidala e non malgastala.


Aquí, outro vídeo, o explica cun sinxelo experimento.

Preparamos o Nadal 2013

Aquí van algunhas imaxes do traballo realizado para adornar a aula e o corredor de segundo curso. Tamén a sorpresa que se formou coa chegada do "Papá Noel" acompañado dun paxe.


Preparando o collage para a portada das fichas:






















Merendamos todos xuntos con calma antes de saír ao recreo:









Tanto gostaron das galletas que non chegaron a nada.










E para sorpresa de todos e todas fíxonos una visita "Papá Noel":








Houbo un momento de confusión ao ir face-la foto:



Finalmente, asi de ben saímos:






 
 
BOAS FESTAS A TODOS!

martes, 26 de noviembre de 2013

CULTURGAL: Suxerencia para a fin de semana

Aprendemos e educámonos de moi diversas maneiras. Algunhas tan suxerentes como a de asistir a una feira cultural; a que todos os anos lévase a cabo en PONTEVEDRA; unha festa ao redor dos libros, teatro, música, contacontos, películas, obradoiros... :
CULTURGAL.



Na pasada edición PEPE CARREIRO, o autor e debuxante de Os Bolechas, realizou un obradoiro de debuxo


Aquí vos deixo uns enlaces para vos animar a asistir:

Programación

Páxina web do evento.







Lembrade, esta fin de semana, venres 29, sábado 30 e domingo 1 de decembro, no Pazo da Cultura en Pontevedra.

O Magosto

O pasado 15 de novembro celebramos no cole unha das festas de outono máis esperadas: O Magosto.
E é que nesta festa, ademais de deixar nun aparte as tarefas propiamente escolares, adicámola a facer xogos e ... comer castañas!

Aquí temos unhas pouquiñas fotos porque estivemos moi ocupados comendo e xogando. Se conseguimos máis, poñerémolas no blog.









Un dos xogos que máis éxito tiveron foi o de saltar á comba. Mesmo algúns que non sabían aprenderon ese día

martes, 29 de octubre de 2013

O CORPO HUMANO: ÓSOS, MÚSCULOS E ARTICULACIÓNS.

Estamos estudando os distintos sistemas do corpo humano: o esqueleto, os músculos e algunhas articulacións.
Xa sabemos moitas cousas e para non as esquecer aquí van uns enlaces con distintas actividades sobre o aprendido.

 

Preme nas seguintes palabras para acceder aos distintos enlaces:

Os ósos.
Os músculos.
As articulacións.
O aparato respiratorio.
Partes do corpo.


Están en castelán, pero seguro que o entenderedes igual de ben que en galego.
E agora a practicar e ... feliz Samaín!




domingo, 27 de octubre de 2013

OUTONANDO

Chegou o outono e na aula de segundo estivemos traballando este tema.
Repartímonos en 3 grupos e cada un fixo un cartaz sobre algún aspecto do outono.


A equipa dos froitos de outono:



A equipa do tempo no outono:




E a equipa das festas do outono:



Todos aportamos os nosos coñecementos e os que fomos aprendendo, ademais das nosas habilidades co debuxo, recortado, pintado, composición, ... e así de ben nos quedaron os carteis:











Tamén fixemos construcción cos froitos de outono  que atopamos e trouxemos á clase: landras, castañas, ourizos, ...
A humidade destes días fixo que apodreceran de contado, pero ollade que cousas fixemos:

 
 
 
 
 
 
 
 
 

DÍA MUNDIAL DAS AVES

Os días 5 e 6 de outubro celebramos o día mundial das aves. Con este motivo realizamos un cartel para o recordar e pintamos e recortamos Pardelas Cincentas para adorna-lo corredor.







A Pardela Cincenta e a ave internacional deste ano 2013 e por iso aprendimos moitas cousas dela que despois recollimos nunha ficha.

Aquí temos un enlace moi interesante sobre ela e sobre as aves en xeral:


Pardela Cincenta
( Preme no nome e entrarás na páxina web)


E así de chulo quedounos o corredor coas pardelas descansando entre as ondas do mar.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Tamén construímos un móbil con aves de distinto tipo. Cada un e cada unha fixo a que máis lle gustou
 
 
 
Cantos paxariños na cabeza!

domingo, 20 de octubre de 2013

Xa comezou un novo curso ... xa estamos en segundo e retomamos de novo o blog onde daremos mostra das actividades que vaiamos facendo.Tamén poñeremos enlaces interesantes para a nosa formación. Seguimos navegando, cada vez máis diestros nesto de gobernar o noso barco. Seguide a nosa estela ...





Como vedes cambiamos o nome do blog mais o enderezo segue a ser o mesmo.

jueves, 20 de junio de 2013

Ceip Rosalía de Castro. Carril. Fin de curso 2012-2013

Xa chegou! O último día de clase (deste curso).
Vémonos no seguinte!
E, namentres, para nos lembrar, este resumo fotográfico dalgunhas das actividades que fixemos.
(Fai clic en Más información >>> )
 

jueves, 13 de junio de 2013

O TREN QUE NOS LEVA POLA BEIRA DO ULLA...

E aí os vamos!
A excursión de fin de curso resultou ser unha emocionante viaxe en tren ata Padrón para  despois visitar a casa-museo de Rosalía de Castro. A escritora está moi conectada a Carril pois, pouco antes de morrer, visitou a nosa vila co desexo de ver o mar. E, por suposto, destacar o feito de que  o noso colexio recibe o nome da poetisa galega.

 
Esperando na plataforma
 

Chegamos a estación de Vilagarcía con tempo suficiente para comprobar que está en obras, polo que tivemos que cruzar a vía a través dunha enorme pasarela provisional que, a verdade, deunos moito xogo.















 
 




 






Futuro xornalista tomando nota dos acontecementos



Unha vez acomodados no tren comprobamos a fermosura das vistas nunha viaxe que  case todo o tempo vai  a rentes do río Ulla, dende a desembocadura ata Pontecesures.

 
 
 
 
 
 
A casa de Rosalía gustounos moitísimo polo xardín que a rodea e polo seu interior, onde conserva documentos, libros, mobiliario, roupa e obxectos da época na que a escritora viviu.








 
 
 
 
 
Merendando

A guía da casa foi en todo momento explicándonos os relatos da súa biografía e nós escoitámola con moita atención.

 
Amigas

Non puidemos visitar, como estaba previsto, o xardín botánico de Padrón porque estaba pechado por obras, pero despois de merendar, visionamos, no salón de actos do museo, un vídeo sobre as principais obras de Rosalía.


 
 






Ao final, tentamos facer una foto "ordenada" fronte ao monumento. Non puido ser ...
 

De volta ao cole chegamos un pouco tarde, pois o tren retrasouse case, case, quince minutos. Coa fame que levabamos!