domingo, 19 de mayo de 2013

Día das Letras no Rosalía de Castro

Este xoves celebramos no colexio o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano foille adicado a Roberto Vidal Bolaño, un home que, malia morrer aínda xoven, deixou moitísimas obras de teatro e que ademais é considerado como o renovador do teatro galego contemporáneo.


Vidal Bolaño no Rosalía
 
 

No colexio estivemos traballando nas aulas sobre a súa figura e aprendimos moitas cousas del. Por iso fixémoslle unha homenaxe cun pequeno festival onde tódolos cursos do centro aportaron unha actuación.
Nós, os de primeiro A e primeiro B, participamos lendo unha pequena biografía ilustrada de R. Vidal Bolaño e, ademais, cunha interpretación dun fragmento dunha obra de teatro que se titula: "Touporroutou da lúa e do Sol".


 
Que  nervios antes da función ...!

Os de 1ºB fixemos a biografía e aínda non temos imaxes da súa colaboración. En canto estean dispoñibles colgarémolas no blog.

Os de 1ºA fixemos a devandita representación teatral e aquí vola presentamos nesta gravación.

ATENCIÓN, ATENCIÓN ÁBRESE O TELÓN!

 
Preme na imaxe e verás o video