jueves, 12 de junio de 2014

Excursión fin do curso.

Xa non queda nada para rematar o curso. As últimas actividades, ordenar os traballos, recoller o material e ... vacacións!
O pasado día 5 de xuño realizamos unha saída para visitar o Museo da Salga e o Acuario, os dous en Punta Moreiras no Grove. Tivemos sorte de que non nos chovera despois de tantos días de mal tempo, pero finalmente puidemos facer a visita con tranquilidade e dando un paseo pola zona.
Aprendimos moitas cousas da man dos guías do museo e do acuario e ata deixáronnos tocar algúns obxectos e animais (que non era o tiburón).
Aquí deixamos unas poucas fotos de lembranza dese día.