martes, 19 de marzo de 2013

Visita aos muíños da Barosa


O xoves pasado fixemos unha visita (¡por fin!) guiada aos muíños da Barosa.
Están situados ao longo do río do mesmo nome no concello de Barro.

O río forma unha fermosa fervenza por onde "penduran" unha serie de vellos muíños, algúns deles rehabilitados como locais de hostelería e turismo.






 Tod*s xunt*s facendo cordada.
  

Alí organizámonos en quendas para facer visitas as distintas zonas do parque e dependencias do muíño.


Deste xeito, guiados por Jorge e o seu compañeiro, puidemos ver en movemento a pedra de moer, o rodicio co que moen os grans de trigo, de millo ou centeo.




 A carón da lareira

Para así o facer, antes debullamos unhas mazorcas de millo que había nunha mesa da entrada até deixarlles apenas o carozo. Comprobamos o apañados que son algúns compañeiros nestas manobras e o gusto que lle colleron ao debullado.
 






 Lidia foi a encargada de poñer en marcha a moa.

Por suposto amasamos, fixemos tortas, bolos e, os/as máis habilidoso/as, "pizzas de millo".

Tamén observamos o forno de pedra onde coce-los bolos de masa para se transformaren en bolos de pan.
 


Subimos a outro muíño que había río arriba e máis outros se nos deixaran, pero o camiño facíase estreito, empinado e perigoso polas condicións metereolóxicas dos últimos días.

Un gran  equipo.




Os técnicos do debullado.








 Quen vai ao muíño volve enfariñado.
 

















Despois de merendar zume de froitas, chocolate quente e galletas, demos un pequeno paseo até un parque de prado verde ao pé da aldea de Maquieira onde corrimos, xogamos e tamén descansamos.
Para alí chegar, atravesamos dúas fermosas pontes de
madeira que cruzaban o río na súa parte máis mansiña.

 




De volta ao muíño, os nosos anfitrións tíñannos preparados uns bolos de pan máxico para que cada un/unha de nós debagáralle frangullas para guindarlle á troita "Pinta" que nadaba no río. Así fixémolo pois, se así o fas, pódeslle pedir un desexo e ... a ver se se cumple.


 
  • Voltamos para o cole con cadanseu boliño de pan, aínda que algúns desapareceran misteriosamente polo camiño ...

martes, 12 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebramos o aniversario de Rosalía de Castro. Faría os seus anos se vivira pero tamén homenaxeamos o seu primeiro libro en lingua galega, "Cantares Gallegos". No colexio reunímonos no salón de actos para celebrar o día cun recitado do poema máis coñecido:
 


Os alumnos e as alumnas de 1º nivel tocounos declamar algúns dos seus versos:

" ... Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei
hortiñas que quero tanto
figueiriñas que prantei."

Foi Lidia de 1º A e Noa de 1º B as encargadas de facelo e aquí temos algunhas fotos deste  día:


 
 

jueves, 7 de marzo de 2013

Salón do libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra A TODA MÁQUINA!

Do 2 ao 23 deste mes de marzo en Pontevedra, no Pazo da Cultura estánse organizando un montón de actividades, obradoiros, exposicións, ... ao redor do libro infantil e xuvenil.

Trátase da XIV Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que este ano leva por título:  A TODA MÁQUINA!

Os horarios de visita para ver as distintas actividades son  de luns a venres de 17.00 a 20.30h . Sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30h.

Este é o cartel deste ano:

 
 
E se premedes AQUÍ entraredes na páxina web co calendario e o programa de actividades, obradoiros, fotos, etc, ...
 
 
O  pasado xoves, 7 de marzo, os de Tanxarina Títeres representaron a súa última obra: "Titiricircus" .
 
 
Se podedes non volo perdades en Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005, Pontevedra. Tlf.:   986 833 061