viernes, 14 de marzo de 2014

XV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL en Pontevedra.

Do 14 de marzo ao 5 de abril no Pazo da Cultura en Pontevedra terá lugar a XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Moitas actividades para nenos e grandes ao redor dos libros e a lectura:
Exposicións, contacontos, espectáculos, cine, roteiros, teatro, obradoiros, concertos, xogos e libros.
Para ir toda a familia.

Aquí está o enlace coa programación  (son varias páxinas coas actividades):
PROGRAMA

E aquí vai o cartel:



Non volo perdades.
Os horarios son: de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas.

jueves, 6 de marzo de 2014

O ENTROIDO NO ROSALÍA.

Un pouco máis tarde do que nos ten habituado, chegou o entroido. Este ano no cole decidimos celebralo de xeito conxunto ao redor dun tema común: os oficios tradicionais.

Os alumnos e alumnas de 2º optamos pola opción máis saborosa e apetitosa: a de sermos panadeiros.

E como non só de pan vive o home, ademáis das barras e dos bolos correspondentes fixemos rosquillas, pasteis, pizzas e algunha que outra empanada.

Ben, pero antes houbo que plantar, esperar, recoller, debullar, moer, peneirar, ...   moito traballamos!

Agora una serie de imaxes da celebración. Se conseguimos, máis irémolas poñendo.