Xa non queda nada para rematar o curso. As últimas actividades, ordenar os traballos, recoller o material e ... vacacións!
O pasado día 5 de xuño realizamos unha saída para visitar o Museo da Salga e o Acuario, os dous en Punta Moreiras no Grove. Tivemos sorte de que non nos chovera despois de tantos días de mal tempo, pero finalmente puidemos facer a visita con tranquilidade e dando un paseo pola zona.
Aprendimos moitas cousas da man dos guías do museo e do acuario e ata deixáronnos tocar algúns obxectos e animais (que non era o tiburón).
Aquí deixamos unas poucas fotos de lembranza dese día.
jueves, 12 de junio de 2014
sábado, 17 de mayo de 2014
CULTIVAMOS A HORTA
A semana pasada exercemos as nosas habilidades de horticultores na horta do colexio.
Como participantes no proxecto de Voz Natura, realizamos tarefas de conservación e respecto á Natureza que, no caso do Colexio de Carril, o expresamos co cultivo da nosa horta, entre outras actividades.
Así que van unhas fotos da plantación de leituga que fixemos os alumnos e alumnas de 2º curso.
Os buratos xa os tiñamos preparados, así que o que fixemos foi chanta-las plantas, cubrilas de terra e regalas.
Pero esta actividade non remata aquí, pois agora debemos coidalas regándolas de cando en vez con mimo para que medren e podamos facer unha nutritiva ensalada.
Aí van as fotos.

Cos nosos coidados e a dedicación de Fani, Pitín e da profe María, témo-la horta preciosa!
sábado, 12 de abril de 2014
ACTIVIDADES SOBRE OS ANIMAIS
Como comentáramos na anterior publicación aquí tedes uns enlaces para xogar e aprender dos animais:
Os mamíferos.
Os peixes.
As aves.
Os réptiles.
Os insectos.
lunes, 7 de abril de 2014
Animalario.
Xa rematamos de estudar as distintas categorías de animais e para celebralo realizamos un traballo conxunto con cada unha das especies.
En grupos de traballo redactamos as súas principais características e debuxamos os máis representativos de cada unha.
Aí vos mostramos una morea de fotos onde pódese apreciar a importancia do traballo colectivo e o moito que se aprende con este tipo de tarefas.
Espazo de traballo:
Rematado o traballo en papel pasamos a sala de ordenadores onde puxemos en práctica interactiva o que aprendimos. Ollade que concentración:
Por último, posamos diante da clasificación xeral de vertebrados e invertebrados onde situamos cada un dos nosos traballos.
Na seguinte entrada colocaremos algúns enlaces para traballar en liña distintas actividades sobre o tema dos animais.

Intercambio de opinións
O grupo dos mamíferos, sen dúbida.
Grupo dos peixiños.
O equipo dos réptiles posaron así de "reptadores"
Equipazo dos plumíferos
O equipo dos anfibios
Equipo de entomólogos:
Rematado o traballo en papel pasamos a sala de ordenadores onde puxemos en práctica interactiva o que aprendimos. Ollade que concentración:
Por último, posamos diante da clasificación xeral de vertebrados e invertebrados onde situamos cada un dos nosos traballos.
Na seguinte entrada colocaremos algúns enlaces para traballar en liña distintas actividades sobre o tema dos animais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)