lunes, 4 de febrero de 2013

30 de XANEIRO. DÍA da PAZ.

No aniversario da morte de Mahatma Ghandi, celebramos tódolos anos no colexio o día da Paz.
Xa levabamos uns días falando sobre o tema e facendo debuxos e manualidades alusivas a esta celebración.







O día 30 chovía tal e como estaba previsto, polo que  reunímonos todo o colexio no espazo conxunto de Psicomotricidade e comedor para cantar unha canción que falara de Paz. Antes, dous alumnos de cada nivel leron o lema elexido por cada clase, o que se convertiu no manifesto do CEIP Rosalía de Castro pola Paz.



O lema elexido por 1ºA dicía: " A Paz é a luz do noso camiño, por iso camiñamos en Paz"

En 1ºB elixiron o lema ... "A Paz é ser todos amigos" 







E máis tarde ceibamos pombas como símbolo de Paz e Liberdade.









Fermosa xornada  para non esquecer que tódolos días son, ou deberan ser, días de Paz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario